A verdade, é que a miña devoción polas rosas chegou non fai moito tempo, xa despois de ter feitos algúns xardíns. Esta pasión non veu soa, xa que só en contadas ocasións poño as roseiras en solitario, gústame acompañalas de anuais e vivaces. Este vello concepto de facer xardín foi unha revolución para min, a tódolos niveis. Incluso se podería dicir, que se convirtíu no simbolo dunha maneira de entender as cousas que me rodean.
Nunha viaxe descubrín un xardín, sobre o que algún día escribirei, que viña a bater de fronte con ese estúpido costume de cubrilo tódo con un xeotextil e gravilla. Un xardín dos de verdade, un
"Anaco de Terra" no que aprender, un lugar onde se reflexa o transitorio da vida, a tristura do inverno e o xúbilo da primavera.
Da terra espída, xurden na mañá os tanacetos, campánulas e margaridas. No ocaso, voltan as hortensias e as dalias á terra, despois de ser embalsamadas polo xeo invernal, igual que cadáveres ilustres. Si, señores e señoras, todos eses conceptos tan
Zen, están encerrados nun modesto xardín, sen necesidade de mal imitar, ou mellor dito caricaturizar, un xardín xaponés.
Este xardín, a algúns kilómetros de Galicia, fíxome aprender a valorar a sinxeleza de moitos
"Anacos de Terra" ós que nunca lle prestara a máis mínima atención, pero que sempre estiveran aí.
Esta, é por tanto, a miña homenaxe a todas esas persoas, sobre todo mulleres, que son capaces de facer dun
"Anaco de Terra" pegado a unha cuneta, ou dun pequeno horto, un lugar fermoso.
Agora, algunhas fotos do meu "Anaco de Terra" no pasado ano: