martes, 1 de junio de 2010

O concepto

A verdade, é que a miña devoción polas rosas chegou non fai moito tempo,  xa despois de ter feitos algúns xardíns. Esta pasión non veu soa, xa que só en contadas ocasións poño as roseiras en solitario, gústame  acompañalas de anuais e vivaces. Este vello concepto de facer xardín foi unha revolución para min, a tódolos niveis. Incluso se podería dicir, que se convirtíu no simbolo dunha maneira de entender as cousas que me rodean.
Nunha viaxe descubrín un xardín, sobre o que algún día escribirei, que viña a bater de fronte con ese estúpido costume de cubrilo tódo con un xeotextil e gravilla. Un xardín dos de verdade, un "Anaco de Terra" no que aprender, un lugar onde se reflexa o transitorio da vida, a tristura do inverno e o xúbilo da primavera.
Da terra espída, xurden na mañá os tanacetos, campánulas e margaridas. No ocaso, voltan as hortensias e as dalias á terra, despois de ser embalsamadas polo xeo invernal, igual que cadáveres ilustres. Si, señores e señoras, todos eses conceptos tan Zen, están encerrados nun modesto xardín, sen necesidade de mal imitar, ou mellor dito caricaturizar, un xardín xaponés.
Este xardín, a algúns kilómetros de Galicia, fíxome aprender a valorar a sinxeleza de moitos "Anacos de Terra"  ós que nunca lle prestara a máis mínima atención, pero que sempre estiveran aí.
Esta, é por tanto, a miña homenaxe a todas esas persoas, sobre todo mulleres, que son capaces de facer dun "Anaco de Terra" pegado a unha cuneta, ou dun pequeno horto, un lugar fermoso.
Agora, algunhas fotos do meu "Anaco de Terra" no pasado ano:







2 comentarios:

  1. Uns días atrás pensaba que sería estupendo que houbera algún libro adicado ás hortas galegas, que para min representan o paraíso zen do que falas. Adicado ás hortas, porque os xardíns xa teñen a atención de moitos.

    É curiosa a necesidade de imitar estilos doutras culturas, cando os mismos conceptos pódense reflexar de xeito doado dende a propia cultura. Para resumir, que estoy moi de acordo co que dis na entrada.

    ¿Podo linkear o teu blog en Días de Rosas?.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Hola Hawai,
    Estou de acordo co das hortas. Sabes o que pasa cando se imita, que normalmente se fai por moda, entón o verdadeiro significado das cousas pérdese. A esencia do xardín Zen non se pode buscar na estética, senon no simbolismo que encerra. Un cereixo, non é só unha árbore de fermosa flor, a flor dura moi pouco, por eso representa a transitoriedade e o efímero na cultura xaponesa. Para a maioría dos occidentais, e dou fé desto, que a flor dure tan pouco non é máis ca un problema. Que conste que utilizar a expresión Xardín Zen, me dá moitos reparos, dito así pareceme...non sei coma decilo.
    Sen embargo, a nadie se lle ocorre reparar nun xardín dun clausto dun convento, algo que nos é moito máis próximo, e que agacha unha poderosa linguaxe simbólica.
    En canto o do link, sintete libre para facer o que che apeteza, esta tamén é a túa "casa".
    Bicos

    ResponderEliminar