viernes, 6 de mayo de 2011

Compañeiros para as rosas

Con esta nova entrada, gustaríame inaugurar unha serie de pequenas reportaxes sobre algunhas plantas que veño cultivando coas roseiras. 
Case que nunca poño  roseiras soas, gústame combinalas con vivaces e outros arbustos, coma aromáticas, etc. Cando coloco plantas moi cerca das roseiras, prefiro aquelas que teñen un desenvolvemento vertical e colonizan pouco no sentido horizontal, ou aquelas que teñen flor miuda, de xeito que non compite en protagonismo coas rosas. Esto dame pé a falar do meu primeiro invitado, o verbasco.






É unha planta extremadamente arquitectónica, tanto pola súa forma moi definida coma pola textura. Ten unha marcada verticalidade, cando emite os tallos florais. A planta ten cor gris con flores de cor amarela, que se van abrindo  progresivamente. Ten ciclo bianual, é dicir, florece ó segundo ano.




O verbasco queda moi ben con flores brancas que teñan unha pincelada amarela, coma margaridas e tanacetos. Do mesmo xeito, elixiría rosas brancas simples que revelen  no centro estames amarelos ou dourados. Irei completando con fotos, para que se vexan distintas composicións.

4 comentarios:

  1. Ola Juan,
    É moi chulo visitar o teu blog, transmite moita paz...pasarei por aquí de vez en cando porque, como imaxinarás, hai momentos na vida nos que se necesita respirar e sentir que que un é libre e está vivo e aquí mesmo parece que estou a percibir cada olor de cada rosa.
    Parabéns polo blog. Non o deixes.

    ResponderEliminar
  2. una sorpresa encontrar tu blog.
    Eres gallego, seguro yo casi te gustan las rosas a mi tambien,verbasco una de mis plantas amadas menudos disgustos tengo llevado, por alguna razón los que me ayudan en el jardín se la tienen jurada cuando me descuido están en el compost.tienes una nueva seguidora.
    un abrazo,
    Maruxa.

    ResponderEliminar
  3. Una pregunta ¿en donde conseguiste las digitales rosa, en Inglaterra?

    ResponderEliminar
  4. Hola Maruxa. Antes de nada, gracias polos comentarios.
    En segundo lugar, desculpa porque teño o blog desatendido, e non vin o teu comentario.
    Os digitalis compreinos en Alemania. As fotos non lle fan xustiza, porque son espectaculares.
    De verbascos, cultivo varias especies dende o ano pasado, aínda que nas fotos só sae unha.
    Un abrazo

    ResponderEliminar