martes, 8 de junio de 2010

Félicité Parmentier

Esta é unha das miñas rosas preferidas. Cando un escribe sobre unha rosa, sempre pensa en empezar dicindo algo así, pero despois de reflexionar sobre a frase, doume de conta que un ten moitas rosas preferidas. De tódolos xeitos, esta é unha rosa excepcional, porque o ten todo.


Hibridada por Louis Parmentier en 1834, aínda que nalgunha bibliografía esta data pode variar un pouco. Está clasificada no grupo das rosas albas, moitos autores atribuenlle tamén ascendencia damascena, aspecto que se reflexa cando as rosas abren completamente, de forma que os pétalos exteriores se volven cara atrás, formando un pompón. Hai que dicir,  que algúns expertos sinalan que xa o grupo das albas xurde por un cruce entre Rosa damascena e Rosa Canina, pero coma  case que todo o relacionado ca orixe das rosas, soe ser un tema bastante debatido e moitas veces as conclusións son dispares.


As rosas son apretadas, de cor rosa suave no centro e máis claro nos pétalos exteriores. Resulta ser un arbusto bastante compacto, sobre todo para ser unha rosa alba. A follaxe é verde agrisado. Especial mención merece o intenso perfume, que Heide Rau (Duftrosen, editorial GU) define coma floral e dulce, pero que ó meu rudimentario naríz lle resulta algo difícil de clasificar.

1 comentario:

  1. hola Juan como che dixen o outro día eu non sei nada de rosas, pero o meu ver esta é perfecta ,o difuminado do seu color , as ondas suabes que fan os seus pétalos , a sua forma ,todo, todo e perfecto. Felicidades
    Un saudo Mercedes.

    ResponderEliminar