domingo, 17 de junio de 2012

Marie de Blois

Rosal hibridado por Robert en 1852 pertencente ó grupo das Centifolia muscosa. É un arbusto de porte erecto e ben ramificado, que xunto con unha boa densidade de follas verde escuro, conforman unha bonita estampa.
Os capullos estan recubertos de musgo de cor roxizo, se o acariciamos desprende un forte aroma a pino.



As rosas son inicialmente esféricas, cando terminan de abrir forman unha roseta cos pétalos relativamente soltos.  A veces pode aparecer botón. A cor é ó principio un rosa moi luminoso, difícil de captar coa cámara, despois toma reflexos de cor lila.



O Aroma é moi intenso, típico de rosa damascena. É un rosal resistente as enfermidades, aínda que recén adquirido, en maceta , apareceron manchas de Puccinia, en todo caso nada preocupante.
É unha rosa moi recomendable e fácil de cultivar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario