domingo, 17 de junio de 2012

Ferdinand Pichard

Confeso que a priori as rosas bicolor non me atraen moito, pero pouco a pouco vai aumentando o número que délas teño; ¡Que aburrida sería a vida sen esas pequenas contradiccións! .
É un rosal hibridado por Tanne en 1921, sendo unha das últimas roseiras remontantes que apareceron no mercado.


As rosas son inicialmente esféricas, para terminar tendo forma de taza. Teñen aproximadamente 25 pétalos de cor escarlata matizados de cor rosa claro.  Cando as rosas xa están moi maduras aparecen tonos violeta.
O arbusto ten o crecemento típico das roseiras remontantes, é dicir, emite longos tallos ó final dos cales aparecen as rosas, normalmente en grupos de tres.

Ferdinand Pichard xunto á rosa gálica Aimable Amie


Dende o meu punto de vista, como en case que tódalas roseiras remontantes, é necesaria a poda, tanto para manter a forma do arbusto coma para estimular a floración.
O aroma é fascinante e sofisticado, mezcla de arrecendo a rosa de maio con tonos frutais.
É un arbusto sano, pero pode aparecer oídio sobre as follas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario