sábado, 22 de mayo de 2010

Sebastian Kneipp




É un rosal de Kordes, o nome está adicado ó sacerdote e médico naturista alemán Sebastian Kneipp. No catálogo aparece coma híbrido de té, pero atrévome a dicir, que esta rosa é o resultado de que a casa Kordes explorase os mesmos camiños que David Austin . ¿Por qué digo isto?, esteticamente salta á vista, e logo está o aroma, forte a mirra coma poucos. É o aroma de Belle Isis, a nai de boa parte das rosas de Austin, que coido tamén ten algo que ver coa criatura de Kordes.
Curiosamente, no meu xardín ambas roseiras están cerca a unha da outra, e as veces creo que o aroma de Sebastian Kneipp é aínda máis potente.



Polo demáis, dicir que esta é a primeira tempada desta rosa conmigo, adquirina despois de ver un exemplar no pasado BUGA de Schwerin. Polo de agora o arbusto non é tan compacto, nin as rosas son tan dobres. A maior virtude do xardineiro é a paciencia.

2 comentarios:

  1. Hola Juan, gústame moito o teu xardín, alégrome de que empeces este blog e anímote a seguir poñendo cousas.
    Coñecinte polo foro de infoxardin, aínda que non escribo, o leo.
    Eu son tamén unha amante das rosas vellas, que neste pais atópanse onde menos as esperas (o digo pola milfollas que me encantou).
    O ano pasado, no Courel nunha pequena igrexa abandonada atopei rosas damascenas (todavía non sei de que clase) e este ano flipei porque atopei por onde vivo a que me parece que é unha gallica oficinalis.
    No outono collerei gallos e se seguimos en contacto, poderiamos intercambiar.
    Gostariame que seguises escribindo.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias polos ánimos Geles. Eu tamén teño localizados un par de gálicas, entre elas a "officinalis", e algunha outra cousa da que xa iremos falando...
    Un saúdo

    ResponderEliminar