miércoles, 19 de mayo de 2010

Magna Charta, unha feliz equivocación



Debo de recoñecer, que cando o descubrín, tampouco é que me puxera a dar saltos de ledicia. Máis ben sentinme frustrado, xa que o que eu esperaba cando aqueles fermosos e casi opulentos capullos abrisen, era a misteriosa Rosa de Ispahan. A cuestión, é que o fausto erro de Herr Schmid, me levou a posuir unha rosa da que nunca tivera noticia, o híbrido perpetuo Magna Charta de William Paul 1876. Trátase dun sport de Mme. Gabriel Luizet.




É unha rosa que non merece ser sometida a concienciudas descripcións morfolóxicas ou dos hábitos de crecemento, porque hai algo que trascende todo eso, o seu intenso aroma,  mezcla de afrutado e perfume típico de rosas. As cuestións botánicas podémolas deixar para outro día.


No hay comentarios:

Publicar un comentario