viernes, 6 de mayo de 2011

Compañeiros para as rosas

Con esta nova entrada, gustaríame inaugurar unha serie de pequenas reportaxes sobre algunhas plantas que veño cultivando coas roseiras. 
Case que nunca poño  roseiras soas, gústame combinalas con vivaces e outros arbustos, coma aromáticas, etc. Cando coloco plantas moi cerca das roseiras, prefiro aquelas que teñen un desenvolvemento vertical e colonizan pouco no sentido horizontal, ou aquelas que teñen flor miuda, de xeito que non compite en protagonismo coas rosas. Esto dame pé a falar do meu primeiro invitado, o verbasco.






É unha planta extremadamente arquitectónica, tanto pola súa forma moi definida coma pola textura. Ten unha marcada verticalidade, cando emite os tallos florais. A planta ten cor gris con flores de cor amarela, que se van abrindo  progresivamente. Ten ciclo bianual, é dicir, florece ó segundo ano.




O verbasco queda moi ben con flores brancas que teñan unha pincelada amarela, coma margaridas e tanacetos. Do mesmo xeito, elixiría rosas brancas simples que revelen  no centro estames amarelos ou dourados. Irei completando con fotos, para que se vexan distintas composicións.