domingo, 24 de abril de 2011

Louise Odier

Eu sempre digo que as rosas dan moito a cambio de case que nada, e neste caso nunca mellor dito. Introducín a Louise Odier no meu xardín despois  de facerme con dous exemplares, que quedaban coma resto de tempada nun centro de xardinería ás aforas de Innsbruck. O prezo foron menos de 3€ en total.




Louise Odier foi introducido por Jules Margottin en 1851,  trátase dun rosal clasificado coma borbónico. Dende o principio, emite longos tallos, alcanzando xa o primeiro ano unha altura de 1,50 metros. As flores son de cor rosa con un toque lila, teñen tamaño medio e aparecen agrupadas. Os capullos son redondeados, dando paso a rosas inicialmente esféricas, para logo tomar forma de taza cuarteada. En algunhas ocasións, os bordes dos pétalos exteriores son festoneados.



En numerosas referencias indicase que é un rosal tolerante á sombra. Sen embargo, un dos exemplares que teño atópase nunha exposición menos soleada, sendo as rosas máis pequenas e o arbusto amosa peor remontancia.



O aroma é forte, recorda ó das rosas damáscenas. Nalgún sitio lin que ó principio arrecende a caramelos ácedos, pero nada comparado a Magna Charta, que xa a distancia, arrecende a chucherías.
A pesar ser sensible á mancha negra é un rosal absolutamente recomendable, é unha autentica delicia.