sábado, 22 de mayo de 2010

Sebastian Kneipp




É un rosal de Kordes, o nome está adicado ó sacerdote e médico naturista alemán Sebastian Kneipp. No catálogo aparece coma híbrido de té, pero atrévome a dicir, que esta rosa é o resultado de que a casa Kordes explorase os mesmos camiños que David Austin . ¿Por qué digo isto?, esteticamente salta á vista, e logo está o aroma, forte a mirra coma poucos. É o aroma de Belle Isis, a nai de boa parte das rosas de Austin, que coido tamén ten algo que ver coa criatura de Kordes.
Curiosamente, no meu xardín ambas roseiras están cerca a unha da outra, e as veces creo que o aroma de Sebastian Kneipp é aínda máis potente.



Polo demáis, dicir que esta é a primeira tempada desta rosa conmigo, adquirina despois de ver un exemplar no pasado BUGA de Schwerin. Polo de agora o arbusto non é tan compacto, nin as rosas son tan dobres. A maior virtude do xardineiro é a paciencia.

miércoles, 19 de mayo de 2010

Magna Charta, unha feliz equivocación



Debo de recoñecer, que cando o descubrín, tampouco é que me puxera a dar saltos de ledicia. Máis ben sentinme frustrado, xa que o que eu esperaba cando aqueles fermosos e casi opulentos capullos abrisen, era a misteriosa Rosa de Ispahan. A cuestión, é que o fausto erro de Herr Schmid, me levou a posuir unha rosa da que nunca tivera noticia, o híbrido perpetuo Magna Charta de William Paul 1876. Trátase dun sport de Mme. Gabriel Luizet.




É unha rosa que non merece ser sometida a concienciudas descripcións morfolóxicas ou dos hábitos de crecemento, porque hai algo que trascende todo eso, o seu intenso aroma,  mezcla de afrutado e perfume típico de rosas. As cuestións botánicas podémolas deixar para outro día.